mércores, 21 de decembro de 2016

FESTIVAL DE NADAL

O martes tivemos o festival para o alumnado e hoxe mércores as familias disfrutaron das nosas actuacións, aplaudindo un montón. Estabamos un pouco nerviosos por ver aos nosos papis pero logo fixémolo fenomenal e o máis importante;
"DISFRUTAMOS TODOS XUNTOS".
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO FAMILIAS



"CHEGOU O NADAL"

CHEGOU O NADAL E CON EL, PAPÁ NÖEL.
Como nos portamos tan ben, Papá Nöel veu visitar a clase azul e tróuxonos uns caramelos.
MOITOS BICOS , ESPERÁMOSTE O SÁBADO POLA NOITE


ACTUACIÓN "HOME ORQUESTRA"

Este luns día 19 de decembro foi un día de festa; grazas á ANPA, disfrutamos dunha actuación inolvidable do "César, home orquestra", Bailamos e cantamos sen parar. GRAZAS.


mércores, 7 de decembro de 2016

XA CHEGA O NADAL!

Preto do Nadal a clase azul deséxavos felices festas e quere ensinarvos a decoración da porta da aula.

xoves, 24 de novembro de 2016

DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO

Este mércores adicámoslle parte da mañán a facer unha degustación de froitos de outono: granadas, castañas, kiwis e feixoas.
Primeiro observamos e recoñecemos as froitas, que forma teñen?, de que cor son?,......
Logo cheirámolas, algunhas teñen un cheiro singular!!.
E como non, cortámolas á metade para ver como eran por dentro, se cambiaban de cor, se tiñan pepitas,....., E por fin a comer!!!
Unhas gustáronnos máis que outras pero sobrar non sobrou nadiña!


sábado, 19 de novembro de 2016

"SENTIMOS O OUTONO"

O xoves, despois de realizar a saída polo entorno, decidimos acercarnos en pequenos grupos a "Aula sensorial" coa intención de "Sentir o outono".

  • Coas follas recollidas na saída á Alameda, creamos a nosa propia producción artística.
  • Bailamos ao son de "Vivaldi".
  • A través do tacto, adiviñamos sen ver, obxectos relacionados co outono.
Voltaremos nos vindeiros días para sentir as follas secas baixo os nosos pés e bailar outro anaquiño!!

SAÍDA DO OUTONO (15/11/2016)

Por fin, o martes realizamos a saída do "Outono" para observar, investigar e experimentar con esta estación tan fermosa e chea de cores.
Preparados para a ocasión, tiñamos varias misións:

  • Observar o noso entorno: cores, árbores, tamaños, formas,...
  • Recoller follas, pauciños, castañas,... que caracterizan ao outono.
  • Convertirnos en "Axentes verdes", recollendo toda a basura que encontrasemos no camiño.
Tamén aproveitamos para xogar una anaco no parque que tanto nos gusta!

Cando voltamos á clase, todos xuntos creamos unha nube de palabras relacionadas coa saída. Quedounos así:

sábado, 12 de novembro de 2016

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O pasado día 4 de novembro celebrábase o "día da ciencia en galego".
Decidimos no cole realizar en cada aula un experimento diferente e plasmalo logo en cartolina A3 para ser exposto no corredor.
A clase azul fixo a súa aportación cun experimento sobre a "Capilaridade dos líquidos". Asemade realizamos dous experimentos mais: Un con lacasitos e auga no que se acaba formando un arco da vella moi fermoso, e outro con leite, colorantes e xabón creando un mundo de cores.
Aquí vos deixo como o realizamos en pequenos pasos. O produto final aínda está na aula e todos os días nos fixamos nas cores.



Semana da Tradición oral

Como xa vos comentara, esta semana celebramos no cole a "Tradición oral".
Na clase azul, a avoa de Paulo: "Pilar", agasallóunos coa súa presenza e saber, contándonos xogos, cantigas e experiencias de cando era cativa.
Todos estivemos moi atentos e disfrutamos xogando con ela, entre outros, o "pasemisi", ao tres en raia con botóns, con puzles que facía ela nun intre cunha paxina de revista e unha tesouras, ao pañuelo,......
En fin, MOITAS GRAZAS PILI, aprendemos a xogar coa imaxinación e a creatividade asi como en gran equipo.

sábado, 5 de novembro de 2016

Ola familias!!
Do 7 ao 11 de novembro celebraremos a "Semana da Tradición oral" polo que vos animamos a que calquer membro da familia (avós, tíos, papis,...) nos conte na clase azul  como era a súa nenez : os seus xogos, un conto favorito, o seu cole,.... Podedes aportar material como fotos, xoguetes antigos, libros. Asemade podedes enviarnos vía e-mail (galegonumero1@gmail.com) gravacións de audio dalgún familiar, con cantigas, refráns,....
Animádevos!! Esperámosvos na clase azul!!!

venres, 28 de outubro de 2016

O SAMAÍN

Esta derradeira semana de outubro celebramos no cole "O SAMAÍN".
Na clase azul o martes fixemos "Chapas terroríficas".
O xoves tocaron os disfraces:
  • "Desfile" á primeira hora no patio do cole
  • Inventamos unha historia e creamos un "Trailer terrorífico"
O venres tivemos "Taller de maquillaxe" e o "Visionado dos trailers" de todo o alumnado do cole.
Dende as distintas aulas de xeito anómino cada alumn@ escribíu a que lle tiña medo e o resultado plasmouse neste mural.

Por suposto, o alumnado trouxo ao longo da semana "As cabazas" decoradas libremente. Aquí vos expoño as que trouxeron na clase azul.


sábado, 15 de outubro de 2016

O MAGOSTO

Este venres celebramos o magosto no cole!!
No patio traseiro cantamos e bailamos unha cantiga do outono que aprendemos na aula de música coa profe Nerea e na aula azul con pictogramas : "Mira bien" (pincha aquí para vela)  
Logo por equipos de distintas edades percorremos os postos das distintas paradas do "Camiño de Santiago": Tui (Infantil), Redondela (1º e 2º E.P.), Pontevedra (3º E.P.), Caldas de Reis (4º E.P.), Padrón (5º E.P.) e por fin Santiago de Compostela (6º E.P.).
En cada posto tiñamos que pasar un proba ( puzles, memory, acertixos, comer un pemento,....) e selábannos a nosa "Credencial do peregrino". Pasámolo Xenial!!
E como non, por fin, "A COMER AS CASTAÑAS" que xa estaban asadas e preparadas para metelas no noso cucurucho.






sábado, 1 de outubro de 2016

O VINDEIRO VENRES DÍA 7 DE OUTUBRO ÁS 11 DA MAÑÁ, NO PASEO DA CORREDEIRA O CEIP PLURILINGÜE Nº 1 DE TUI ORGANIZA UN "FLASHMOB", CO QUE PARTICIPAREMOS NO CONCURSO "REPSOL BUSCA UN COLE" (bases do concurso, pincha aquí), A TRAVÉS DA GRAVACIÓN DUN VÍDEO E POSTERIOR VOTACIÓN NAS REDES SOCIAIS.
ADEMAIS CADA PARTICIPANTE APORTARÁ UN CARTÓN DE LEITE 
PARA "SOS TOMIÑO"

CANCIÓN ENTRADAS, CAMBIOS DE CLASE E SAÍDAS



sábado, 17 de setembro de 2016

PEGADAS EN FAMILIA

Ola, xa temos a toda a clase azul adaptándose xenial nestes primeiros días de cole.
Aquí vos deixo o noso fermoso mural realizado en colaboración cos papis e mamis.

sábado, 10 de setembro de 2016

COMEZA O COLE!!!

OLA PEQUES E PAPIS!!!
 O VINDEIRO LUNS 12 DE OUTUBRO COMEZAMOS UN CURSO QUE ESTARÁ CHEO DE EMOCIÓNS E ILUSIÓNS.
ESPÉROVOS NA CLASE AZUL PARA QUE VAIDES DESCUBRÍNDOA POUCO A POUCO.

A "NOSA MASCOTA" ESTÁ NERVIOSA POR COÑECERVOS E CON GANAS DE QUE ENTRE TODOS DECIDAMOS UN NOME PARA ELA.

domingo, 26 de xuño de 2016

OLA PEQUES E FAMILIAS!
DESÉXOVOS UN FELIZ VERÁN! VÉMONOS EN SETEMBRO