CUMPLES/PROTAS

 
"MIGUEL PROTAGONISTA"

Entrando no derradeiro mes deste curso 2016/17, Miguel pecha o libro dos nosos protagonistas.
Xunto coa súa nai Susana e o seu can "Duque" pasamos unha sesión do máis emocionante. 
Primeiro Miguel presentounos a súa mascota. Fixémoslle un montón de preguntas:
  •  Cantos anos ten?
  • Que come?
  • Por que move tanto o rabo?
  • Se lle gusta bañarse?,........
Logo, fómonos turnando para collelo da correa e darlle uns paseos pola clase. A verdade é que Duque cheirou todo, pero creo que se quedou co rincón de coches e construccións como o seu dono Miguel.
En todo momento Duque foi moi bó deixándose acariciar e manosear.
MOITAS GRAZAS MIGUEL, SUSANA E DUQUE POR TRANSMITIRNOS O AMOR E CARIÑO QUE DEBERÍAMOS SENTIR POLOS ANIMAIS. 

"HÉCTOR V. PROTAGONISTA"
Cantos nervios!! 
O venres pasado tivemos que aplazar a saída prevista á "Comandancia de Marina" onde traballa o papá de Héctor por mor da choiva. Este mércores, a súa mamá Aroa achegouse a nosa aula para acompañarnos e por fin realizar a saída.
O seu papá José Manuel estaba esperándonos e Héctor estaba con moita ansia de contarnos todo o que fai o seu pai e os seus compañeiros na comandancia.
Primeiro, vimos un video, duns tres minutos, do cabo Fradera navegando polo río Miño e as lanchas que o acompañaban.
Logo ensináronnos as lanchas (con motor e sen motor) que teñen de exposición, así como un montón de artes de pesca que se utilizan no río Miño; e acabamos vendo partir ao "Cabo Fradera" (non estaba preparado pero parecía).
Os papás de Héctor agasalláronnos cun cartel para cada neno/a onde aparecían varios barcos da armada española e tamén unha "canica" feita con cordel e nudos por José Manuel.

MOITAS GRAZAS HÉCTOR, AROA E JOSÉ MANUEL. FOI MOI EMOCIONANTE

"ELISABETTA PROTAGONISTA" 
Hoxe mércores disfrutamos na clase azul coa sorpresa que nos tiñan preparadas Elisabetta, Joahna e Rafa.
Primeiro Elisabetta, xunto coa súa mamá, ensináronnos un xogo en inglés que implicaba dicir o seu nome e preguntar a un/unha compañeiro/a como se chamaba?. Eli utiliza o inglés para comunicarse cos seus papis mentras que cos seus avós e no cole utiliza o castelán.
Rafa, irmán de Eli de 2 anos, mentras tanto xogaba coa plastilina ou pintaba coas ceras. Faino xenial.
Logo Joahna, explicounos cal era a súa profesión: Arquitecta e decoradora de interiores; ensinounos distintas casas exterior e interiormente (a que mais nos gustou foi a casa de Hello Kitty e a cama en forma de coche ou barco).
Agora era hora de crear a nosa propia casa!!!
Pintamos unha plantilla dunha casa, dun neno e unha nena; despois de plegalos e pegalos sobre unha cartolina, tocaba decorar exteriores con árbores e un coche super chuli dos pitufos.
Encantounos decorar como será a nosa casa cando sexamos maiores!
MOITAS GRAZAS ELISABETTA, JOAHNA E RAFA POLA VOSA APORTACIÓN NA AULA. PASAMOS UNHA MAÑÁ MOI CREATIVA E ENRIQUECEDORA
 
"MARIELA PROTAGONISTA"    

Nesta semana das "Letras Galegas", Mariela é a nosa protagonista.
A súa mamá Raquel, dona de "CociñArte" (venta de comida para levar en Tui) xa nos invitara ao comenzo do noso proxecto dos restaurantes, a visitar o seu establecemento. Alí xunto coa súa irmá Elena e Mariela, ensináronnos toda a comida que prepara diariamente na súa cociña con todos os aparellos e utensilios dos que dispón (forno, microondas, neveiras, batidora, picadora,....).
Logo preparáronnos un delicioso batido de "Mango" (froita que lle tocou a Mariela apadriñar). Raquel pelou e cortou o mango ollando a pepita tan grande que ten, botouno na batidora cun pouco de leite, batemos e listo; só quedaba probalo. Riquíiiisimo!! Algúns repetiron tres veces.
Raquel traía posto un gorro e un mandil de cociñeira pero ademáis púxose a "chaquetilla" que ten o seu nome e o logo de "CociñArte".



 MOITAS GRAZAS MARIELA, RAQUEL E ELENA POR DEIXARNOS RODEAR DE TODAS ESAS COMIDAS TAN RICAS QUE FACEDES!!!

 "CARMEN PROTAGONISTA"
Hoxe luns, todo o alumnado da clase azul achegámonos á cafetería "La gran manzana" situada na corredoira. Alí esperábannos os papás de Carmen: Aquilino e Mónica, donos do bar e a súa irmá Mónica.
Carmen era a nosa protagonista e queríanos explicar o traballo de camarero/a :  pásanse moitas horas alí, requírese ser amable, sociable e alegre. Fixémoslle un montón de preguntas e preparáronnos uns batidos de fresa e plátano e uns zumes de laranxa natural; estaban riquíiiisimos!!
Carmen e a súa irmá Mónica servíronnos unshas tortitas.
En fin, sentímonos moi acollidos e aprendemos un montón sobre a profesión de camareiro/a, que trasladaremos ao noso proxecto de aula "Los restaurantes".

MOITAS GRAZAS CARMEN, MÓNICA, AQUILINO E MÓNICA POR ESES RICOS BATIDOS E POLA VOSA GRAN PACIENCIA!!

"NICOLÁS PROTAGONISTA"
Todos os compañeir@s de Nicolás sabemos a súa gran pasión polos "Coches" de todo tipo. 
Polo que a súa nai Henar e máis el deciden lernos un conto-libro onde nos explican dende como eran os coches na antigüedade ata como se fabrican pasando por distintos tipos de coches, tamaños, pezas, cores, normas de seguridade e sinais viais,......
Disfrutamos moitísimo vendo as imaxes do libro e escoitando as explicacións de Nicolás e Henar así como expoñendo como queremos que sexa o noso coche cando poidamos conducir.


MOITAS GRAZAS NICOLÁS E HENAR! ESTIVEMOS MOI A GUSTO.


"SALMA PROTAGONISTA"

De volta das vacacións de Semana Santa e festas de San Telmo, temos de protagonista a Salma xunto cos seus papás : Karina e Fernando.
Salma vai a ter una irmanciña para este vindeiro setembro, polo que nos explicaron como nacen os "bebés". Para elo trouxeron todo tipo de material, dende a figura dun ventre materno co seu bebé dentro, ata un aparello que serve para escoitar os latexos do corazón do bebé.
Estivemos máis que atentos, emocionados mirando ecografías, dándolle coliños ao bebé de "mentira", chorando como se fósemos pequerrechos, facendo un montón de preguntas que tanto Fernando como Karina contestaron efusivamente e como non vimos fotos de Salma recén nacida.
 Como remate aprendemos a poñer pañales aos nosos bonecos; era un pouco difícil pero conseguímolo. Xa só quedaba deitalos un pouco para que descansaran.
Pasámolo sorprendentemente ben.
MOITAS GRAZAS SALMA, KARINA, FERNANDO E BEBÉ( só vos queda elixir nome).
FOI  UNHA MAÑÁ DO MÁIS ESPECIAL.

"HÉCTOR PROTAGONISTA"

Hoxe Héctor, o seu papá Nico e a súa irmá Manuela quixeron que coñeceramos ao seu cabalo "Abuelo".
Durante esta semana, estivemos investigando un pouco sobre os cabalos a través dun dossier que nos aportou o papá de Héctor. Observamos os coidados que necesita, as emocións que poden expresar, así como o que necesitamos para montar.
Todo estaba organizado para acercarnos á Alameda e alí disfrutar dun día espectacular de primavera. Primeiro Nico explicounos un pouco como era "Abuelo" (tranquilo, bueno e moi fermoso). Logo tocaba montalo. Algúns compañeir@os non querían ao principio pero logo montamos case todos, incluso a profe Cris!.
Como recordo para a clase, Nico agasallounos cunha ferradura. Pesaba un pouco pero encantounos. Xa temos na aula nun lugar visible para lembrar este día inesquecible.
Aproveitamos para escoitar ás rás, ver os renacuajos no estanque e recoller margaridas. A primavera é expléndida.
MOITAS GRAZAS HÉCTOR, NICO, MANUELA E ABUELO POR ESTA 
EXPERIENCIA MARABILLOSA.

"MARTÍN PROTAGONISTA"

Buff! Que nervios! Martín xa contaba os días para que os seus papis: Inma e Jorge, viñeran a nosa clase; pero... chegou o día e a cara de Martín non podía ser máis expresiva.
Martín presentou ao seu papá e a súa mamá e de seguido explicou que iamos a facer: "Uns chaveiros" coa inicial do nome de cada un. Primeiro con todas as letras tiradas no chan, feitas de goma eva e de moitas cores, por orden, foron collendo cadansúa tres veces. Logo sentados xa nas cadeiras, tiñamos que ensartar unha cadea por un oco que traían as letras e un pequeno círculo que servirá para poñer as chaves. Deseguido, e coa axuda dos papis e das mestras, pegamos as tres letras, unhas enriba das outras. Deixamos secar!!! (Que difícil nos resultou a espera!!).
Martín en todo momento axudou aos seus compañeir@s e tod@s quedamos encantad@s cos nosos chaveiros que segundo algúns, servirán para poñer as chaves do seu coche.



 MOITAS GRAZAS MARTÍN, JORGE E INMA! 
PARA A PRÓXIMA ESPERAMOS A VEGA! DISFRUTÁMOLO MOITÍIIISIMO!

"MARÍA PROTAGONISTA"
Hoxe luns, María é a nosa protagonista. Yoli, a súa mamá, contounos un conto sobre o "Cangrejo Alejo" que xa ten moitas ganas de che chegue o verán para pasear pola praia e toparse cos seus amigos de sempre.
Para atopar ao cangrexo, pintamos primeiro nun folio, o mar de cor azul e un sol moi grande con nubes; logo coas nosas mans pintados con témpera vermella fixemos ao noso novo amigo e cando secou colocámoslle uns ollos con pestanas. Quedounos moi chulo!
Para rematar bailamos a canción dun cangrexo moi coñecido por todos "Sebastian" do conto da sirenita Ariel.
MOITAS GRAZAS A MARÍA  E A YOLI POR FACERNOS 
PASAR UN RATO MOI ESPECIAL!

"LEO PROTAGONISTA"
Comezamos a mañá moi nerviosos, sobre todo Leo. Tiñamos a visita do seu papa Jorge, a súa mama Marta e o seu irmán Caetano.
Por que os nervios? Trouxemos cada un de nós un patinete, bici ou moto, e claro estabamos preparados para disfrutar en grupo no patio do cole. Sempre con xeito, como nos di a profe, pero agardabamos con impaciencia botar unhas carreiras.
Antes diso, na clase, Leo xunto coa súa familia, ensinounos unha presentación de fotos para coñecelo mellor. Logo bailamos a súa canción favorita (cocodrilo de Kim África).
En fin, coma sempre disfrutamos un montón .

MOITAS GRAZAS LEO, MARTA, JORGE E CAETANO. PASÁMOLO XENIAL


"IRIA PROTAGONISTA"
Esta semana de Entroido, a nosa protagonista é Iria que ven acompañada cos seus papis: Rubén e Arminda.
Comezan contándonos un conto que ten como personaxes a un neno e a un marciano que por distintas circunstancias fanse moi amigos na Lúa. Estivemos moi atentos, como de costume e gustounos moito ver ao avión e á nave espacial.
Posteriormente e en relación co conto, pintamos un cohete e picámoslle a fiestra. Logo con axuda de Arminda, colocamos un tubiño que nos permitía introducir unha palliña. E listo, xa podiamos soprar e facer voar o noso cohete pola clase.
MOITAS GRAZAS, IRIA, RUBÉN E ARMINDA. FOI MOI INTERESANTE E CREATIVO!

"MATILDA PROTAGONISTA"
Nesta derradeira semana do mes de xaneiro, Matilda xunto coa súa nai Marta acompáñannos na aula para crear "Caras Sorprendentes".
Cunha base ovalada, os nenos e nenas da clase azul van colocando e pegando ollos, bocas, narices, bigotes, sombreiros,... creando unhas caras impresionantes. A medida que van pegando, hai moitas risas polos diferentes resultados. Tamén lle pintan o pelo e por último colocamos un pau de madeira para poder poñela de careta.
Pasamos unha primeira sesión do xoves marabillosa .
MOITAS GRAZAS MATILDA, MARTA, QUIQUE E MAFALDA
FOI UN DÍA SORPRENDENTE!!

"SOFÍA PROTAGONISTA" 
De volta das vacacións de Nadal, imos a xogar aos médicos e enfermeiras curando os nosos bonecos coa axuda de Sofía e a súa nai Teresa que nos trouxeron un montón de cousas para realizar esta tarefa tan importante: tiritas, vendas, xeringas,......
Coma sempre pasámolo xenial, ademáis de facerlle as curas aos nosos bonecos e deixalos descansando no hospital, improvisado no momento, tivemos ocasión de escoitar os latidos do corazón dun compañeiro ou compañeira a través dun estetoscopio.
MOITAS GRAZAS SOFÍA, TERESA, XAIME E TIAGO! 
ESTAMOS DESEXANDO SEGUIR XOGANDO AOS MÉDICOS

"TATIANA PROTAGONISTA"
Esta semana Tatiana está de protagonista na aula. Un pouco nerviosa pero con moitas ganas, trouxo a "Codi" para que o coñeceramos. Codi é o seu gato; xunto coa súa irmá Laura e os seus papis: Mónica e Brito, contáronnos como pasa o tempo, a que xoga, que come, como se porta,....
A verdade é que se portou xenial e iso que estaba un pouco nervioso ao igual que a súa dona.
Logo Tatiana coa axuda de Laura contáronnos o conto "A que sabe a lúa", recoñecemos a todos os animais que aparecen e comentamos a que nos podería saber a nós: algún a chourizo, outros a queixo, outros a salchicas,...
Como agasallo trouxéronnos uns colgantes dunha lúa e uns bolígrafos dos bolechas.
En fin, pasamos outro día na aula azul disfrutando da presenza das familias e participando un montón.
MOITAS GRAZAS TATIANA, LAURA, MÓNICA , BRITO E  CODI. 
DIVERTÍMONOS MOITO!!

"PAULO PROTAGONISTA"
  Paulo está emocionado esta semana; xunto cos seus pais Silvana e Iván levan organizando esta saída varios días.
 Hoxe mércores 30 de novembro fomos inagurar o seu albergue familiar "IDEAS PEREGRINAS" que está situado no casco vello de Tui. Aproveitando o proxecto que estamos a traballar "Pasiño a pasiño fago o camiño", convertímonos en peregrinos e fomos andando buscando as flechas e cunchas que nos indicaban por onde tiñamos que ir.
  A familia de Paulo (Non podemos esquecernos da súa tía Mónica e de Marta) tiñannos preparada unha visita espectacular.
   1º inaguramos o albergue, levantando unha tea que cubría a placa co nome; logo tocou investigar os distintos pisos: subimos ás liteiras para ver se eran cómodas e disfrazamos a profe Cris de peregrina; a continuación no último piso admiramos as vistas tan fermosas que teñen de Tui e pintamos unha cunchas de peregrinos; tamén nos relaxamos nunhas tumbonas e exploramos a cociña.
   Por último, tocaba merendar para repoñer forzas, un almorzo caseiro do mais sano: zumes naturais de remolacha e laranxa, froita variada e postres caseiros con chocolate, galletas, biscoito, avena,.....
  Como recordo déronnos pegatinas co logo do albergue e xa con forzas voltamos ao cole entusiasmados.
MOITAS GRAZAS PAULO, SILVANA, IVÁN, MÓNICA E MARTA. FOI UN PRACER


"ÁNGELA PROTAGONISTA" 
Ángela está moi nerviosa, os seus papis e o seu irmán Juan viñeron hoxe venres a nosa clase.

Como se aproxima o Nadal, decidiron facernos disfrutar xa destas datas realizando unha árbore decorada con pegatinas brillantes e de moitas cores, ademáis pegámoslle uns olliños que lle deron máis vida á fermosa "Árbore de Nadal".

Asemade, coloreamos unha careta de Papá Nöel para darlle ánimos de que veña logo que o estamos esperando con moitas ganas!!.
Coma sempre que recibimos visitas na nosa clase azul, pasámolo fenomenal, nesta ocasión disfrutando das nosas creacións artísticas.

MOITAS GRAZAS, MIGUEL, ÁNGELA, JUAN E ÁNGELA. PASÁMOLO FENOMENAL!!


"AINARA PROTAGONISTA"
Ainara está moi ilusionada e o xoves ven acompañada coa súa nai "Nahir". 
Estamos preparados para pasalo fenomenal!!
Ámbolas dúas cóntannos o que imos facer e todos escoitamos con atención. Necesitamos unha botella de plástico pequena (todos o alumnado traía unha na súa mochila xa que previamente Nahir se puxera en contacto coas demais familias), gomina, auga e o máis importante "purpurina de distintas cores".
Cada neno/a bota dentro da botella un pouco de gomina. Nahir, Tina e Cristina axudan a encher de auga a botella, logo cada neno/a elexíu unha cor de purpurina e engadíuna.
Só queda axitar e listo!!
 Xa temos a nosa botella relaxante!!

Pero aínda non rematamos, agora toca xogar ao "Xogo das sillas", ao son da música bailamos e cando pare, temos que sentarnos nunha silla que estea libre. Que risas!!! Aínda que non houbese silla os nenos compartíana e seguíamos a bailar.
MOITAS GRAZAS NAHIR E AINARA!!! PASÁMOLO XENIAL!!


QUE MAIORES SOMOS!!!

Celebraremos os nosos cumpleanos a derradeira semana de cada mes en colaboración coas familias


SETEMBRO

ESTE VENRES DÍA 30 DE SETEMBRO TIVEMOS FESTA DE CUMPLEANOS .
PASÁMOLO XENIAL!! 

OS PAPIS TROUXÉRONNOS UNHA TARTA RIQUÍSIMA DE CHOCOLATE, ZUMES E PALOMITAS. PÚXÉMONOS AS BOTAS!!

TODOS OS COMPIS DURANTE A SEMANA ESTIVEMOS ARGALLANDO UN AGASALLO QUE ESPEREMOS LLES GUSTARA MOITO OS CUMPLEAÑEIROS, ADEMÁIS DECORAMOS AS NOSAS COROAS CUN MONTÓN DE PEGATINAS.
















OUTUBRO



NOVEMBRO



DECEMBRO


FELIZ CUMPLEANOS AINARA (FAI CLIK)

XANEIRO




FEBREIRO



MARZO

ABRIL







MAIO





XUÑO
 
https://issuu.com/cris_novoa/docs/carmen
 
 
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario