xoves, 25 de maio de 2017

Despois da investigación de distintas froitas, dentro do proxecto "Los restaurantes", decidimos facer unha degustación na aula de catro froitas tropicais: Papaya, chirimoya, mango e piña.
Observamos como eran por fóra e por dentro, de que cor son, se teñen pepitas ou non, cantas pepitas teñen, se as pepitas son grandes ou pequenas,.....
Logo debuxamos nun soporte do proxecto a que máis nos gustou.:
  • A sete alumnos/as gustounos máis a "Piña"
  • A catro alumnos/as gustounos máis o "Mango"
  • A tres alumnos/as gustounos máis a "Chirimoya"
  • A tres alumnos/as gustounos máis a "Papaya".

martes, 23 de maio de 2017

PROXECTO "PASIÑO A PASIÑO, FAGO O CAMIÑO"

Na clase azul rematamos o proxecto "Pasiño a pasiño, fago o camiño" que fomos desenvolvendo ao longo de todo o curso.
O produto final non ten desperdicio. Aprendemos un montón coa investigación do camiño pero sobre todo do noso entorno máis próximo e tan fermoso como é o de Tui.
https://www.youtube.com/watch?v=NNEwYmUZWvs
FAI CLIK NA IMAXE

sábado, 20 de maio de 2017

AS LETRAS GALEGAS E CARLOS CASARES

Esta semana non foi lectivo o mércores. A razón é que celebramos o "Día das letras galegas".
Este ano adícabaselle a "Carlos Casares" que escribíu moitos contos para nenos.
Foi una ledicia investigar a súa vida e sobre todo a súa obra. Na clase azul gustounos moito o conto de "Lolo anda en bicicleta", aínda que o da "Galiña azul" tamén nos deixou un pouco sorprendidos.
A profe Nerea, coordinadora do equipo de normalización da lingua galega do cole, agasallounos cuns "álbums de pegatinas" que durante toda a semana fomos pegando a medida que coñeciamos ao autor.

CARLOS CASARES (PINCHA NA IMAXE)


luns, 15 de maio de 2017

O PATIO DOS NOSOS SOÑOS

Despois de observar, analizar e elaborar a maqueta do noso patio, poñémonos mans a obra.
Á clase azul tocoulle realizar as balanzas para poder xogar e experimentar con pesos e volumes.
Así nos quedou!!!


xoves, 11 de maio de 2017

"ARTISTEAMOS CON ARCIMBOLDO"

Seguindo co proxecto dos restaurantes, desta vez quixemos facer como o artista "Giuseppe Arcimboldo", facendo caras con distintos recortes de alimentos. A verdade é que todas son do máis orixinais. Aquí vos queda unha mostra.



venres, 5 de maio de 2017

Visita de "Isabel", encargada do comedor

Hoxe venres, Isabel, encargada do comedor do cole, sentouse conosco na asamblea para explicarnos a "Pirámide dos alimentos" e como se elabora un menú saudable.
Para elo, trouxo a "verdurín", unha caixa moi coñecida no comedor. Dentro vimos un montón de imaxes de distintos alimentos. 
Na presentación, a través do ordenador, observamos e analizamos a pirámide e xogamos a colocar os distintos alimentos nela coa axuda dos "Bolechas". Visualizamos un capítulo de "Pepa Pig" que fala sobre a comida e Isabel ensinounos a poñer a mesa.
 Asemade, cada neno elaborou o seu menú escollendo pratos de plástico de cores con alimentos dibuxados da pirámide, tendo en conta un 1º prato, 2º prato e postre saudables.
MOTÍIIISIMAS GRAZAS ISABEL. APRENDEMOS UN MONTÓN.

SAÍDA AO RESTAURANTE "LA PIZARRA DEL SILABARIO"

Onte xoves todo o alumnado de infantil fomos de visita ao restaurante "La pizarra del silabario".
Alí, tanto o cociñeiro Alberto como a camareira "Goretti", moi amablemente, ensináronnos as distintas instalacións. 
Por un lado, Alberto amosounos a cociña con todo o mobiliario super, super grande: neveira, fregadeiro, lavavaixelas, forno,....; o economato, onde gardan toda a mercancía; o montacargas para subir e baixar os alimentos ao comedor e un montón de cousas máis.
Por outro lado, Goretti amosounos como é o comedor, como se pon a mesa, a carta dos menús, como fan as comandas os camareiros e un longo etcétera que trataremos de lembrar  na aula.
Logo deixáronnos un dos salóns para poder merendar e volta ao cole.
Aprendemos moito e recollemos moita información sobre os restaurantes.