venres, 5 de maio de 2017

SAÍDA AO RESTAURANTE "LA PIZARRA DEL SILABARIO"

Onte xoves todo o alumnado de infantil fomos de visita ao restaurante "La pizarra del silabario".
Alí, tanto o cociñeiro Alberto como a camareira "Goretti", moi amablemente, ensináronnos as distintas instalacións. 
Por un lado, Alberto amosounos a cociña con todo o mobiliario super, super grande: neveira, fregadeiro, lavavaixelas, forno,....; o economato, onde gardan toda a mercancía; o montacargas para subir e baixar os alimentos ao comedor e un montón de cousas máis.
Por outro lado, Goretti amosounos como é o comedor, como se pon a mesa, a carta dos menús, como fan as comandas os camareiros e un longo etcétera que trataremos de lembrar  na aula.
Logo deixáronnos un dos salóns para poder merendar e volta ao cole.
Aprendemos moito e recollemos moita información sobre os restaurantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario