venres, 5 de maio de 2017

Visita de "Isabel", encargada do comedor

Hoxe venres, Isabel, encargada do comedor do cole, sentouse conosco na asamblea para explicarnos a "Pirámide dos alimentos" e como se elabora un menú saudable.
Para elo, trouxo a "verdurín", unha caixa moi coñecida no comedor. Dentro vimos un montón de imaxes de distintos alimentos. 
Na presentación, a través do ordenador, observamos e analizamos a pirámide e xogamos a colocar os distintos alimentos nela coa axuda dos "Bolechas". Visualizamos un capítulo de "Pepa Pig" que fala sobre a comida e Isabel ensinounos a poñer a mesa.
 Asemade, cada neno elaborou o seu menú escollendo pratos de plástico de cores con alimentos dibuxados da pirámide, tendo en conta un 1º prato, 2º prato e postre saudables.
MOTÍIIISIMAS GRAZAS ISABEL. APRENDEMOS UN MONTÓN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario