luns, 10 de abril de 2017

Estampación dos mandiles de cociñeiros

Hoxe decoramos os nosos mandiles de cociñeir@s. Para elo utilizamos diferentes alimentos : quesitos, cenoria, laranxa, fresa, mazá, tostadas, tomate, pemento, plátano,....
QUEDARON FANTÁSTICOS!

Visita de "Xosé Tomás" ILUSTRADOR

Xosé explicounos que el realiza os debuxos de moitos contos e ensinounos algunhas técnicas para debuxar caras. Pasamos unha sesión moi creativa.

MOITAS GRAZAS XOSÉ!!!

venres, 7 de abril de 2017

Andaina poética

Hoxe venres realizamos a andaina poética que se aplazara por motivos climatolóxicos, en conmemoración do día da poesía no mes de marzo.
Todo o cole saímos a recitar, facendo paradas en zonas emblemáticas de Tui.
Fixo un día expléndido. Os ananos de Cris recitamos "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalia de Castro. Previamente xa traballaramos dita poesía a través de pictogramas.