luns, 26 de xuño de 2017

MOITÍSIMAS GRAZAS POR TODO

Ola aos meus ananos e as súas familias!
Foi un verdadeiro pracer compartir este curso emocións, pensamentos, preocupacións,... e un longo etcétera. Estiven moi a gusto na "Clase azul" e sei que sempre me lembrarei de cada un de vós.
Para min comeza unha nova etapa chea de ilusión noutro cole e sei que os meus ananos seguirán avanzando no seu camiño, pasiño a pasiño, coa axuda deses papis e mamis tan marabillosos que teñen.
Grazas polos agasallos de fin de curso.
Un bicazo a todos.  💗💙😍😚


venres, 16 de xuño de 2017

"RESTAURANTE AZUL"

Como produto final do noso proxecto "Los restaurantes" decidimos invitar as nosas familias a un "Menú degustación" no comedor do cole o xoves día 15 ás 12:15h.
Todo o que fomos aprendendo este trimestre na aula puxémolo en práctica preparándolles un menú especial aos nosos papis, primeiro como cociñeiros e posteriormente servindo como camareros.
Pasamos unha mañá moi axetreada para que todo estivera a punto e quedamos moi satisfeitos vendo as caras de todos os papis.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA!! NOS PASÁMOLO XENIAL!!





MOITÍIIIISIMAS GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!!
TAMÉN Á PROFE ANA RUTH, TINA E NEREA UN AGRADECEMENTO ESPECIAL!