venres, 24 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Hoxe ademais do entroido, estamos de festividade!!!
A nosa gran poetisa galega, "Rosalía", quixo estar conosco ao longo da semana. Decorámoslle o seu vestido co seu nome, aprendemos un anaquiño dun dos seus poemas máis coñecidos "Adiós ríos, adíos fontes" e plasmámolo en debuxo.
"GRAZAS ROSALÍA POLO TEU IMPORTANTE LEGADO"

O ENTROIDO

Por fin chegou o día da "Festa do Entroido". Xa tiñamos ganas de traer os nosos disfraces. Había un pouco de todo, pero todos guapíiiisimos, coma sempre. Felices vacacións de entroido!!!

venres, 17 de febreiro de 2017

ACHÉGASE O ENTROIDO!!

O noso "MECO" Pilindrón xa está preparado coas súas ordes! Cada día da semana iranos dicindo que temos que traer para o día seguinte ata que o venres que ven, festexemos o entroido co noso disfraz libre.
Aquí vos irei deixando as súas peticións

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES

E ASÍ FOI COMO OBEDECEMOS AO MECO



QUE RICA ESTÁ A FROITA!!!

 

venres, 3 de febreiro de 2017

HORA DE LER "A RATIÑA PRESUMIDA"

A profe Ana Ruth, que nos le contos na hora de ler tres días á semana, está preparando con nós unha dramatización do conto da "Ratiña presumida". Para a semana que ven, iremos polas outras aulas de infantil para mostrarlles o ben que o facemos!!. 
Grazas profe Ana Ruth💋💋💋

xoves, 2 de febreiro de 2017

"O NOSO PATIO"

Este trimestre estamos a observar e analizar como é o noso patio para logo facer propostas de mellora. Fanky, a nosa mascota chegounos con tres misións (sabe que nos encantan!!):
E claro, puxémonos rapidamente mans á obra e xa temos o noso plano do patio nun mural espectacular. Agora intentaremos realizalo individualmente.