PROXECTOS

"O PATIO DOS NOSOS SOÑOS"








A PRIMAVERA
Durante este terceiro trimestre estivemos artisteando coa primavera e a verdade e que con diferentes materiais e técnicas plásticas quedounos moi chulo ( polo menos a nós gustounos moito como quedou).

https://issuu.com/cris_novoa/docs/proxecto
PINCHA NA IMAXE 

EMOCIONARIO

Este terceiro trimestre, traballamos a "Tristeza/Alegría" na aula azul. Disfrutamos poñendo caras, convetíndonos en verdadeiros artistas e contando un montón de contos.



https://issuu.com/cris_novoa/docs/proxecto_rematado
(FAI CLIK NA IMAXE)


"XA CHEGOU A PRIMAVERA" 

Coa calor que vai, decidimos descalzarnos un anaco e aproveitar para facer estas fermosas bolboretas de cores. Quedaron moi chulas!!!



FERMOSAS FLORES DE PRIMAVERA





"SORPRESA NA AULA AZUL"


Este mércores tivemos unha sorpresa ao chegar á clase. Encontrámonos cunha caixa grande envolta cun lazo; queríamos abrila axiña e atopámonos primeiro cun folio onde había un cadrado azul cheo de puntiños, estivemos pensando que podía ser e a profe acabounos contando que co móbil descifrabamos o segredo do cadrado; a gran sorpresa foi ver a "Raquel", a mamá de Mariela, na súa cociña de "CociñArte", invitándonos a investigar sobre "Ser cociñeiros". Mellor védea vós mesmos.


Logo, claro está, quixemos seguir rebuscando na caixa e atopamos uns mandiles (uns brancos e outros vermellos) cuns rotuladores. Pensamos que era boa idea que cada un de nós puxeramos o nome e así identificalos. Pero aínda quedaban uns libros super chulos cun montón de receitas que iremos observando e analizando ao longo das semanas.

Estamos moi emocionados co de convertirnos en cociñeir@s, pero antes temos moito que investigar e aprender. Xa vós iremos contando.....

EXPOSICIÓN DE AULA "LOS RESTAURANTES"

FACEMOS A COMPRA NO SUPERMERCADO

ARTISTEAMOS CON PEGAMENTO E AZUCRE

PRACTICAMOS NO NOSO "RESTAURANTE AZUL" DE AULA


INVITAMOS ÁS FAMILIAS AO NOSO RESTAURANTE

FACEMOS O MENÚ NA AULA O DÍA ANTERIOR

Imos ao noso horto polas leitugas e cenorias

1º prato: arco iris de hortalizas e verduras

2º prato: carita alegre de sandwich


Postre: Batido de fresa


XA ESTAMOS PREPARADOS PARA RECIBIR ÁS FAMILIAS MAÑÁ XOVES!!
QUE NERVIOS!!


 
"EMOCIONARIO"
Continuando co emocionario que empezaramos a principio de curso co "Medo", este 2º trimestre estivemos co "AMOR". 
Realizamos un sin fin de actividades e foi moi emocionante. Pasámolo realmente ben.
Aquí vos deixo o resultado. (FAI CLIK NO CORAZÓN)
 https://issuu.com/cris_novoa/docs/proxecto_amor


PROXECTO "O MEU NOME"

Esta segunda semana de novembro comezamos a xogar e a investigar o noso nome. 
Para elo, como motivación, o alumnado da clase azul xunto cos seus papis decoraron a inicial do seu nome como desexaban nun folio. 
De súpeto unha mañá ao entrar na aula, atopámonos cun mural moi vacío, no que só aparecían ao redor as imaxes dos nen@s agarrando as súas iniciais.
Emocionados, fomos cubrindo o mural formando os nosos nomes. O proceso foi lento pero moi agradecido: coa axuda da cartolina onde está escrito o seu nome tiñan que buscar letra por letra e pegala no mural.
Simplemente co visionado do mural todas as mañás démonos conta que hai nomes moi longos e outros máis curtos, que hai nomes que empezan pola mesma letra,.....

Seguiremos investigando e disfrutando co noso nome!!!









"O CAMIÑO DE SANTIAGO"

Adianto unha imaxe da nosa exposición na aula realizada coa aportación de material dos nen@s que trouxeron da casa. 
Grazas familias pola vosa colaboración!!!


Hoxe luns 28 visitamos o albergue "Villa San Clemente" que temos ao carón do cole. Observamos como son as habitacións con literas, os baños, o comedor,... e o que máis nos gustou foi o patio exterior coa estatua do Apóstolo Santiago, entre outras, unha fonte e unha piscina. Pasámolo xenial!! e aprendemos moito!!


Todos preparados para realizar parte do camiño portugués que pasa por Tui, con roupa e calzado cómodo e mochila coa merenda!!!
O ananos de Cris ían da man dos nen@s maiores do cole; con tranquilade comezamos a camiñar buscando as sinais que nos indican o camiño de Santiago. Pasamos polo parque do "Penedo" e xunto ó río vimos dende lonxe a "Ponte internacional" e pasiño a pasiño polo casco vello chegamos á "Catedral" onde nos sentamos para merendar, xa tiñamos moita fame!.
Cos folgos recuperados baixamos despacio polo túnel das encerradas xunto ó convento de Santa Clara. Xa faltaba pouco. E por fin xa vimos ao lonxe o noso cole. Agora quedaba descansar e xogar na nosa aula.

Pasámolo moi ben e dámoslle as grazas ó alumnado de 6º de primaria por coidarnos e mimarnos todo o camiño.





¡¡EMOCIONARIO!!

Ao longo do curso, imos a traballar as emocións!!!

Comezamos co "MEDO", aproveitando a celebración do Samaín.
  • Pensamos a que lle temos medo? e que facemos cando o temos? De que cor é o medo?
  • Debuxamos as nosas caras de medo.
  • Contamos contos relacionados co tema, tales como: "Guille y los monstruos", "Mi amiga la oscuridad", "O monstruo de cores",....
  • Fixemos pantasmas con témpera, coa nosa planta dos pés e das mans.
  • Traballamos co cadro "El grito" de Munch e fixemos a nosa versión.
  • E moitas cousas máis....


¡¡ ESTAMOS NO OUTONO!!

Na aula estamos a ver que acontece nesta fermosa estación chea de cambios na paisaxe, no tempo,....
Xa temos lista a nosa árbore de outono chea de follas de moitas cores que xa empezan as caer e que pintamos con témpera.
Seguiremos observando...



CHEGOU O INVERNO!!





XA REMATAMOS O PERIODO DE ADAPTACIÓN CON GRAN SATISFACIÓN E QUERIAMOS ENSINARVOS O PEQUENO CADERNO QUE FIXEMOS NESTAS SEMANAS PASADAS CO NOSO AMIGO "O PITIÑO BRANCO". TRABALLAMOS CON DIFERENTES TÉCNICAS PLÁSTICAS E PASÁMOLO FENOMENAL

PINCHA NO PITIÑO


OLA PAPIS!!

O XOVES PASADO ESTABAMOS TAN TRANQUILOS  CANDO DÚAS COMPIS DA CLASE VERMELLA VIÑERON A CONVIDARNOS A SÚA AULA PARA COÑECER A  "MARTA", UNHA PEREGRINA QUE ESTABA A FACER O CAMIÑO DE SANTIAGO PORTUGUÉS QUE PASABA POR DIANTE DO COLE.
CONTOUNOS MOITAS COUSAS: 
  • QUE ERA ISO DE FACER O CAMIÑO....
  • QUE LEVABA NA SÚA MOCHILA...
  • QUE ERA O BASTÓN E A CUNCHA QUE TRAIA,...

EN FIN, APRENDEMOS MOITO CON ELA PERO.... 



QUEREMOS SABER MÁIS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO!!! 



PARA ESO, MANTEREMOS UNHA ESTREITA COMUNICACIÓN POR EMAIL CON "MARTA" QUE NOS IRÁ CONTANDO POLOS LUGARES QUE PASA E AXUDARANOS A INVESTIGAR.



CLARO ESTÁ QUE TAMÉN NECESITAMOS DA VOSA COLABORACIÓN:



"OS PAPIS E AS MAMIS SABEN MOITAS COUSAS E INVESTIGARÁN CON NÓS"



"PASIÑO A PASIÑO, FAGO O MEU CAMIÑO"






MOITAS GRAZAS MARTA


Ningún comentario:

Publicar un comentario