luns, 9 de xaneiro de 2017

CHEGARON OS REIS MAGOS!

Este primeiro día de cole do novo ano, tivemos unha sorpresa emocionante; na nosa clase atopamos un montón de agasallos que nos deixaron os Reis Magos. Pasamos case toda a xornada, abrindo, xogando e colocando os novos xoguetes: un carrito de bonecas, construccións con diferentes medios de transporte, un carrito da compra, 3 contos, un puzzle, un dominó, dúas bonecas e accesorios, dous maletíns de médico,.....
En fin, moitas grazas Reis Magos! Seguiremos sendo tan boíños coma sempre, bicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario