Este primeiro día de cole do novo ano, tivemos unha sorpresa emocionante; na nosa clase atopamos un montón de agasallos que nos deixaron os Reis Magos. Pasamos case toda a xornada, abrindo, xogando e colocando os novos xoguetes: un carrito de bonecas, construccións con diferentes medios de transporte, un carrito da compra, 3 contos, un puzzle, un dominó, dúas bonecas e accesorios, dous maletíns de médico,.....
En fin, moitas grazas Reis Magos! Seguiremos sendo tan boíños coma sempre, bicos.
luns, 9 de xaneiro de 2017
mércores, 21 de decembro de 2016
FESTIVAL DE NADAL
O martes tivemos o festival para o alumnado e hoxe mércores as familias disfrutaron das nosas actuacións, aplaudindo un montón. Estabamos un pouco nerviosos por ver aos nosos papis pero logo fixémolo fenomenal e o máis importante;
"DISFRUTAMOS TODOS XUNTOS".
BO NADAL E FELIZ ANO NOVO FAMILIAS
"CHEGOU O NADAL"
CHEGOU O NADAL E CON EL, PAPÁ NÖEL.
Como nos portamos tan ben, Papá Nöel veu visitar a clase azul e tróuxonos uns caramelos.
MOITOS BICOS , ESPERÁMOSTE O SÁBADO POLA NOITE
ACTUACIÓN "HOME ORQUESTRA"
Este luns día 19 de decembro foi un día de festa; grazas á ANPA, disfrutamos dunha actuación inolvidable do "César, home orquestra", Bailamos e cantamos sen parar. GRAZAS.
venres, 16 de decembro de 2016
mércores, 7 de decembro de 2016
XA CHEGA O NADAL!
Preto do Nadal a clase azul deséxavos felices festas e quere ensinarvos a decoración da porta da aula.
xoves, 24 de novembro de 2016
DEGUSTACIÓN DE FROITOS DE OUTONO
Este mércores adicámoslle parte da mañán a facer unha degustación de froitos de outono: granadas, castañas, kiwis e feixoas.
Primeiro observamos e recoñecemos as froitas, que forma teñen?, de que cor son?,......
Logo cheirámolas, algunhas teñen un cheiro singular!!.
E como non, cortámolas á metade para ver como eran por dentro, se cambiaban de cor, se tiñan pepitas,....., E por fin a comer!!!
Unhas gustáronnos máis que outras pero sobrar non sobrou nadiña!

sábado, 19 de novembro de 2016
"SENTIMOS O OUTONO"
O xoves, despois de realizar a saída polo entorno, decidimos acercarnos en pequenos grupos a "Aula sensorial" coa intención de "Sentir o outono".
- Coas follas recollidas na saída á Alameda, creamos a nosa propia producción artística.
- Bailamos ao son de "Vivaldi".
- A través do tacto, adiviñamos sen ver, obxectos relacionados co outono.
SAÍDA DO OUTONO (15/11/2016)
Por fin, o martes realizamos a saída do "Outono" para observar, investigar e experimentar con esta estación tan fermosa e chea de cores.
Preparados para a ocasión, tiñamos varias misións:
Preparados para a ocasión, tiñamos varias misións:
- Observar o noso entorno: cores, árbores, tamaños, formas,...
- Recoller follas, pauciños, castañas,... que caracterizan ao outono.
- Convertirnos en "Axentes verdes", recollendo toda a basura que encontrasemos no camiño.
Tamén aproveitamos para xogar una anaco no parque que tanto nos gusta!
Cando voltamos á clase, todos xuntos creamos unha nube de palabras relacionadas coa saída. Quedounos así:
sábado, 12 de novembro de 2016
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
O pasado día 4 de novembro celebrábase o "día da ciencia en galego".
Decidimos no cole realizar en cada aula un experimento diferente e plasmalo logo en cartolina A3 para ser exposto no corredor.
A clase azul fixo a súa aportación cun experimento sobre a "Capilaridade dos líquidos". Asemade realizamos dous experimentos mais: Un con lacasitos e auga no que se acaba formando un arco da vella moi fermoso, e outro con leite, colorantes e xabón creando un mundo de cores.
Aquí vos deixo como o realizamos en pequenos pasos. O produto final aínda está na aula e todos os días nos fixamos nas cores.

Semana da Tradición oral
Como xa vos comentara, esta semana celebramos no cole a "Tradición oral".
Na clase azul, a avoa de Paulo: "Pilar", agasallóunos coa súa presenza e saber, contándonos xogos, cantigas e experiencias de cando era cativa.
Todos estivemos moi atentos e disfrutamos xogando con ela, entre outros, o "pasemisi", ao tres en raia con botóns, con puzles que facía ela nun intre cunha paxina de revista e unha tesouras, ao pañuelo,......
En fin, MOITAS GRAZAS PILI, aprendemos a xogar coa imaxinación e a creatividade asi como en gran equipo.

sábado, 5 de novembro de 2016
Ola familias!!
Do 7 ao 11 de novembro celebraremos a "Semana da Tradición oral" polo que vos animamos a que calquer membro da familia (avós, tíos, papis,...) nos conte na clase azul como era a súa nenez : os seus xogos, un conto favorito, o seu cole,.... Podedes aportar material como fotos, xoguetes antigos, libros. Asemade podedes enviarnos vía e-mail (galegonumero1@gmail.com) gravacións de audio dalgún familiar, con cantigas, refráns,....

Animádevos!! Esperámosvos na clase azul!!!
venres, 28 de outubro de 2016
O SAMAÍN
Esta derradeira semana de outubro celebramos no cole "O SAMAÍN".
Na clase azul o martes fixemos "Chapas terroríficas".
O xoves tocaron os disfraces:
Na clase azul o martes fixemos "Chapas terroríficas".
O xoves tocaron os disfraces:
- "Desfile" á primeira hora no patio do cole
- Inventamos unha historia e creamos un "Trailer terrorífico"
O venres tivemos "Taller de maquillaxe" e o "Visionado dos trailers" de todo o alumnado do cole.
Dende as distintas aulas de xeito anómino cada alumn@ escribíu a que lle tiña medo e o resultado plasmouse neste mural.
Dende as distintas aulas de xeito anómino cada alumn@ escribíu a que lle tiña medo e o resultado plasmouse neste mural.
sábado, 15 de outubro de 2016
O MAGOSTO
Este venres celebramos o magosto no cole!!
No patio traseiro cantamos e bailamos unha cantiga do outono que aprendemos na aula de música coa profe Nerea e na aula azul con pictogramas : "Mira bien" (pincha aquí para vela)
Logo por equipos de distintas edades percorremos os postos das distintas paradas do "Camiño de Santiago": Tui (Infantil), Redondela (1º e 2º E.P.), Pontevedra (3º E.P.), Caldas de Reis (4º E.P.), Padrón (5º E.P.) e por fin Santiago de Compostela (6º E.P.).
En cada posto tiñamos que pasar un proba ( puzles, memory, acertixos, comer un pemento,....) e selábannos a nosa "Credencial do peregrino". Pasámolo Xenial!!
E como non, por fin, "A COMER AS CASTAÑAS" que xa estaban asadas e preparadas para metelas no noso cucurucho.

martes, 11 de outubro de 2016
sábado, 1 de outubro de 2016
O VINDEIRO VENRES DÍA 7 DE OUTUBRO ÁS 11 DA MAÑÁ, NO PASEO DA CORREDEIRA O CEIP PLURILINGÜE Nº 1 DE TUI ORGANIZA UN "FLASHMOB", CO QUE PARTICIPAREMOS NO CONCURSO "REPSOL BUSCA UN COLE" (bases do concurso, pincha aquí), A TRAVÉS DA GRAVACIÓN DUN VÍDEO E POSTERIOR VOTACIÓN NAS REDES SOCIAIS.
ADEMAIS CADA PARTICIPANTE APORTARÁ UN CARTÓN DE LEITE
PARA "SOS TOMIÑO"
PARA "SOS TOMIÑO"
sábado, 17 de setembro de 2016
PEGADAS EN FAMILIA
Ola, xa temos a toda a clase azul adaptándose xenial nestes primeiros días de cole.
Aquí vos deixo o noso fermoso mural realizado en colaboración cos papis e mamis.
Aquí vos deixo o noso fermoso mural realizado en colaboración cos papis e mamis.
sábado, 10 de setembro de 2016
COMEZA O COLE!!!
OLA PEQUES E PAPIS!!!
O VINDEIRO LUNS 12 DE OUTUBRO COMEZAMOS UN CURSO QUE ESTARÁ CHEO DE EMOCIÓNS E ILUSIÓNS.
ESPÉROVOS NA CLASE AZUL PARA QUE VAIDES DESCUBRÍNDOA POUCO A POUCO.
A "NOSA MASCOTA" ESTÁ NERVIOSA POR COÑECERVOS E CON GANAS DE QUE ENTRE TODOS DECIDAMOS UN NOME PARA ELA.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)